jueves, 16 de noviembre de 2017

Son Martiño, un ninguén

O meu nome é Martiño, vivo en Vigo, nunha casa de familia xunto a outros sete nenos, entre eles, Lois, o meu mellor amigo. Levo dende os tres anos aquí, a verdade non me podo queixar, as miñas educadoras trátanme moi ben, os meus compañeiros son xeniais e todos xuntos facemos moitas cousas e pasámolo realmente ben. A pesar diso, gustariame estar cos meus pais e saber o motivo polo cal non poideron facerse cargo de min.
Os dous lugares nos que máis me gusta estar son o instituto e a tenda de cómics do señor Carles. 
Na tenda de cómics paso a maior do tempo lendo mangas, libros de superheroes... Ademais alí gástome unha gran parte da miña paga, e por se non fora pouco, o seu dono, un catalán exiliado do actual Reino de Catalunya, é moi amigo meu. Sempre me conta historias moi divertidas, como aquela vez...
-Era eu nen xoven cando aínda estabamos na miña querida pàtria, España. Que bons tempos aqueles nos que toda Catalunya animaba a "La Roja", nos que Albiol estaba no poder e "Puigpringao" non inventaba DUIs e cousas rares...- dicía moi cabreado.
-Pero a ver... entón ti es catalán, español ou que es?- preguntaba eu partíndome de risa, non só polo que dicía, tamén pola súa especial e única maneira de mesturar o galego co catalán.

O resto do tempo pásoo no instituto, alí está a miña mellor amiga, Xoana. É un dos meus apoios fundamentais, cando estou triste, ela axúdame sobre todo co tema de Brexini, " Matón macarrón" o matón do instituto, un neno italiano que está todo o tempo metido en liortas. Xa sei que o nome non é moi intimidante, mais el non precisa un alcume apouvigante para dar medo... Sempre se está meténdo comigo, se ri de min, me ameaza, me deixa en ridículo...

Hoxe celebrarase unha reunión de delegados na que estarán Lois, delegado de 2ºA, e Xoana, a nosa delegada, entre outros, para buscar unha solución ao acoso que estou sufrindo pola parte de Breixini 
-Menos mal que teño uns amigos tan fantásticos coma Xiana e Lois porque con todo isto ás veces síntome moi mal e son eles os que me animan- pensaba eu mentres agardaba por Lois e Xoana da reunión.
-Ola, Martiño- referíndose a min.
-Ola, Mere- respondinlle eu.
-Estás agardando por alguén?
-Si, estou esperando a Lois e mais a Xiana, que están na reunión dos delegados.
-Que reunión?
-Non te enteraras! A reunión na que van decidir o que vai pasar sobre o asunto comigo e mais Breixini.
-Anda, xa sei!-de súpeto, soa a serea.-Teño que marchar, ti non te preocupes que todo se vai solucionar. Moita sorte!- dícia mentres marchaba.
-Grazas, Mere.
Mere, a miña profesora de galego, é sen duda, das MELLORES.

Como ao final non me deu tempo de falar con Lois e Xoana, ao chegar casa  o primeiro que fixen foi facer unha videochamada con eles para saber o que decidiran.
-Ola, chicos, ao final como quedou a cousa?
-BREIXINI ESTÁ EXPULSADO!!!- berraron os dous á vez con alegría.
-Que me dicides???
-O que escoitas!!- repetiron a coro.
-Menos mal, xa me tiña amargado.-dixen eu aliviado.
-Xa non te amolará máis.
Tumbeime na cama, non o podría crer era o día máis feliz da miña vida. De súpeto, chamaron ao timbre, non sabía quen era, Ánxela, a educadora que estaba nese momento, díxome que fora abrir.
En canto abrín a porta,  a muller que estaba na entrada, deume un abrazo e comezou a chorar, de pronto, todo encaixou, era a miña nai, o souben polas fotos que tiña dela.
Fixen as maletas e funme con ela xa arranxara todos os papeis coas educadoras. Polo camiño contoume que cando era pequeno, non tiña diñeiro suficiente para alimentarnos por iso deixárame aquí, non quería que tivera unha mala vida. Agora conseguira un traballo estable e volveu a por min.
Estaba que non cabía en min! A cantidade de veces que pensara niso! Só sentíame un chisco triste por Lois, conteille a miña nai ás veces que me axudara, ela decidida deu a volta e foi a por el. 
Este é o resumo do día máis importante da miña vida



15 ANOS MÁIS TARDE



Lois e mais eu somos irmáns, a miña vida é soñada, ao rematar de estudar educación social, comecei a traballar nunha casa de familiaénchome de alegría cando vexo a un neno ou nena feliz. 
Teño unha filla chámase Lúa. Ela, Lois, Xoana, a miña muller, e mais eu, vivimos moitas aventuras xuntos. Que serán contadas noutra ocasión.